COMO NESTES DÍAS ESTAMOS NA CASA ... SEGURO QUE COLABORAMOS NA ELABORACIÓN DE MERENDAS, COMIDAS OU SOBREMESAS. INCLUSO PROBAMOS COMIDAS DIFERENTES, MESMO EXPERIMENTAMOS CON SABORES E MESTURAS DIVERSAS.
SERÍA BO QUE AS COMPARTIRAMOS CO RESTO DE COMPAÑEIR@S, PORQUE NON IMOS PERMITIR QUE ALGO TAN APETITOSO QUEDE NO ANONIMATO!
ASÍ QUE ESE VAI SER ...
O NOSO RETO DA SEMANA: ELABORAR UNHA RECEITA CUN DOS ALIMENTOS QUE TROUXO COLÓN DE AMÉRICA.
1. NOME DA RECEITA.
2. INGREDIENTES.
3. COMO A FIXEMOS (ELABORACIÓN)
4. FOTO DE COMO NOS QUEDOU, OU PROBANDO ESE MANXAR.
MANDAREDES UNHA FOTO COA FICHA FEITA A vilaverpeque@gmail.com
OUTRAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA:
- NÓS NO COLE TIÑAMOS PREPARADA UNHA RECEITA DE IOGUR E CACAO PARA FACER ENTRE TOD@S. PERO ESTE VIRUS NON NOS DEIXOU!
SE VOS ABURRIDES TAL VEZ PODERIADES ANIMAROS A FACELA.
INGREDIENTES:
- 1 IOGUR NATURAL
- 3 OVOS
- FARIÑA (2 MEDIDAS DO VASO DE IOGUR)
- CACAO EN PO (1 MEDIDA DO VASO DE IOGUR) (SE NON TENDES, PODEDES USAR “NESQUIK” OU “COLA CAO”
- AZUCRE (2 MEDIDAS DO VASO DE IOGUR)
- ACEITE DE XIRASOL OU OLIVA (1 MEDIDA DO VASO DE IOGUR)
- 1 SOBRE DE FERMENTO “LEVADURA EN PO”
- MANTEIGA PARA UNTAR O MOLDE.
PREPARACIÓN:
QUÉNTASE O FORNO A 180º DURANTE 10 MINUTOS.
PASAR A FARIÑA E O FERMENTO “LEVADURA” POR UN COADOR, PARA QUE NON APAREZAN GRUMOS, E ENGADILAS Á MESTURA ANTERIOR. XUNTAR BEN TODOS OS INGREDIENTES.
FINALMENTE AGREGAR O CACAO E REMEXER.
UNTAR UN MOLDE CON MANTEIGA E VERTER A MASA NEL.
METER NO FORNO QUENTE DURANTE 30 MINUTOS A 180º.
PICAR O BISCOITO CUN ESCARVADENTES. ESTARÁ LISTO CANDO SAIA SEN RESTOS PEGADOS.
BO PROVEITO!
- PODEMOS VISIONAR ESTES VÍDEOS PARA LEMBRAR A BIOGRAFÍA DE COLÓN.
- PODEMOS LEMBRAR OS ALIMENTOS QUE VIÑERON DE AMÉRICA E OS QUE LEVARON DE ESPAÑA PARA ALÁ. LOGO ESCRIBIMOS UNHA PEQUENA LISTA DELES.
- PODEMOS FACER AO LADO DE CADA ALIMENTO ESCRITO O SEU DEBUXO E COLOREALO.
- MÁIS VÍDEOS CURTIÑOS XA PARA REMATAR O PROXECTO:
- DEBUXAMOS AS 3 CARABELAS E ESCRIBIMOS O NOME DE CADA UNHA DELAS.
- PODEMOS DISFRAZARNOS DE INDÍXENAS OU CONSTRUIR UNHA MALOCA CON TEAS, SÁBANAS, PRENDAS DE VESTIR, ... PARA QUE ELES E ELAS POIDAN DEIXAR VOAR A SÚA IMAXINACIÓN.
- OBSERVAMOS A LÁMINA E PEDÍMOSLLES QUE BUSQUEN TODO O QUE SE NOS OCORRE:
- PEDÍMOSLLES QUE BUSQUEN E ANOTEN NUN PAPEL
CANTAS PERSOAS APARECEN?
CANTOS SOMBREIROS HAI?
CANTOS ANIMAIS?...
- PRATICAMOS CÁLCULO MENTAL: PARA FACER ESTA ACTIVIDADE É IMPORTANTE QUE LLES LEAMOS LENTAMENTE E AS VECES NECESARIAS CADA "PROBLEMIÑA", XA QUE ELES TEÑEN QUE IMAXINARSE O QUE LLES ESTAMOS PEDINDO E CÚSTALLES BASTANTE.
ALGÚNS EXEMPLOS PODEN SER:
- SE VAN 3 CARABELAS NAVEGANDO ÁS AMÉRICAS E DEBIDO A UNHA TORMENTA, UNHA DELAS AFÚNDESE, CANTAS CARABELAS CHEGARÁN?
- CANDO COLÓN DESEMBARCA EN AMÉRICA, ESTANLLE ESPERANDO 2 INDÍXENAS. UN POUCO MÁIS TARDE APARECEN OUTROS 2, CANTOS INDÍXENAS SAÍRON A RECIBILO EN TOTAL?
- NA ADEGA DA PINTA VAN 3 SACOS DE AGUACATES. OS MARIÑEIROS COMEN OS AGUACATES DUN SACO, CANTOS SACOS QUEDAN EN TOTAL?
- COLÓN TEN 3 COLARES DOURADOS E UN INDÍXENA DALLE 1 MÁIS, CANTOS COLARES TEN COLÓN AGORA?
- COLÓN TEN 3 MOEDAS. RODRIGO DE TRIANA DALLE 2 MÁIS. CANTAS MOEDAS TEN COLÓN AGORA?
- RODRIGO DE TRIANA TEN 5 MOEDAS E PERDE 3, CANTAS MOEDAS LLE QUEDAN?
- VEMOS O VÍDEO EL MONSTRUO DE COLORES Y EL CORONAVIRUS
E PODEMOS FACER ALGÚN DEBUXO RELACIONADO COA HISTORIA.
RECORDADE
TAMÉN HAI MÁIS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES NOS DIFERENTES BLOGS DE:
STEM, E.FÍSICA PEQUES, MÚSICA E INGLÉS INFANTIL (PRE-PRIMARY)
No hay comentarios:
Publicar un comentario