viernes, 26 de abril de 2024

MANUALIDADES: CESTARÍA

   Rematada a primeira manualidade do proxecto "A Prehistoria"!! Temos a nosa aula decorada cunha chea de arcos da vella cosidos que alegran as paredes cun toque moi primaveral.


                                       


 A segunda manualide do proxecto empezada hoxe é a cestaría con papel de xornal para reciclar. De seguro que nuns días teremos algún tipo de vasilla ou cunca para mostrarvos.






jueves, 25 de abril de 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR: DÍA DO LIBRO

   O martes 23 de abril celebramos o Día do Libro. No cole organizamos unha semana de apadriñamento lector: os nosos nenos e nenas de 4º tiñan que ler un conto aos nenos e nenas de 5 anos. Elixieron o conto, practicaron moito na súas casas e por fin saimos ó patio por parellas para disfrutar dun pequeno momento de lectura e convivencia. 








miércoles, 24 de abril de 2024

CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO

   Hoxe acudimos ao conservatorio de música Manuel Quiroga camiñando dende o noso centro. Alí cantamos e bailamos ao ritmo das moitas cancións que interpretou a orquestra. Ademáis, a través dun pequeno teatro de monicreques ensinaronnos os tipos de instrumentos e como soan.               

                                            


Gracias profe Lola por esta experiencia musical!!! Encantounos!!!




martes, 23 de abril de 2024

XOGADE NA XUNQUEIRA

  Estupenda mañá deportiva hoxe na Xunqueira. Dentro do programa Xogade tivemos un día de convivencia con varios coles de Pontevedra e unha morea de actividades chulísimas: rugby, xogos tradicionais (chapas, trompos...), RCP e maniobra de Heimlich, bailes de salón con Adrián Esperón...

Unha xornada moi completa organizada coma sempre polo profe Víctor.










lunes, 22 de abril de 2024

CHARLA SOBRE ABELLAS

 Hoxe Manolo, o avó de Sara, ensinounos moitísimas cousas sobre as abellas. Fíxonos unha presentación moi completa e respondeu a todas as nosas preguntas. Tamén trouxo unha pequena colmea chea de abelliñas, un traxe de apicultor e distintos aparellos que se utilizan, etc. Para rematar probamos un pouquiño de mel e xalea real

                                       



Moitas gracias Manolo!!!!




lunes, 15 de abril de 2024

TENIS DE MESA

  Unha das actividades do XOGADE é o tenis de mesa polo que hoxe aprendemos un pouco máis sobre este deporte...



Primeiro escoitamos as explicacións e despois xogamos...






TALLER DE EDUCACIÓN VIAL CON "POLO CORREO DO VENTO"

Hoxe, luns 15 de abril, visitáronnos "Polo Correo do Vento" para falarnos dos temas transversais e, concretamente, da Educación Vial. A través de cancións e debuxos foron explicándonos como camiñar con seguridade pola rúa, como ser bos peóns e peoas respetando as sinais...






Despois da explicación puidemos aprender a debuxar un peón e unha peoa. Somos artistas!!!!








martes, 9 de abril de 2024

COSEMOS O ARCO DA VELLA

   O alumnado de 4ºB comezou unha nova manualidade vinculada directamente co noso proxecto de Sociais: a Prehistoria. Tal e como facían os nosos antepasados estes días imos aprender a...COSER!!!

  Imos coser un colorido arco da vella e ainda que algúns e algunhas tiveron certas dificultades ao principio coa lá e a agulla, otros moitos e moitas axiña colleron a dinámica da costura e son verdadeiros profesionais. E como eles dín: "Profe, isto é moi relaxante". 






jueves, 4 de abril de 2024

ATLETISMO-XOGADE

 Hoxe tivemos unha mañá de deporte e convivencia nas pistas de atletismo do Centro de Tecnificación e Recursos de Pontevedra dentro do programa Xogade. Todos os nenos e nenas de 4º de Primaria competimos en carreiras de relevos, lanzamento de peso, 500 metros, etc. co alumnado doutros coles da zona. Pasamos unhas horas estupendas e demostramos o noso gran nivel en todas as probas!!! 



Gracias profe Víctor por esta nova oportunidade de fomentar o compañeirismo e o respeto no deporte!!!



jueves, 21 de marzo de 2024

DIA DA POESIA

Hoxe 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cunha proposta da Biblioteca do cole: elaborar flores poéticas para decorar o rellano de entrada. Nós completamos cun recital en inglés,galego e castelán no que o alumnado puso en marcha todas as súas destrezas de poetas e poetisas!!!!! 

miércoles, 20 de marzo de 2024

LAPBOOKS DE FOTOGRAFÍA

   Os nenos e nenas de Proxecto Competencial elaboraron uns lapbooks preciosos co proxecto de fotografía que traballamos nas últimas sesións. Aprenderon a facer fotos en contrapicado, con moita luz, con contraste, de paisaxes, retratos, dende o chan...

    Así descubrimos e valoramos como cambia a realidade según a perspectiva coa que miremos...






martes, 12 de marzo de 2024

EXPERIMENTANDO COA LUZ

   Estes días fixemos unha nova manualidade dentro do proxecto científico sobre a enerxía. Traballamos as cores, as mixturas, os corpos transparentes ou opacos e a luz a través das vidreiras. Só necesitamos papel celofán amarelo, vermello e azul e aproveitar toda a goma Eva que sobrou dos gorros de bruxas e bruxos no Entroido. 

  Mirade que bonita temos agora a fiestra do noso rellano.