viernes, 27 de octubre de 2023

CHEGA O SAMAÍN

 Estes días antes do Samaín estamos a facer unha morea de actividades coa temática das lendas galegas, os medos, a orixe da festividade, etc. 

              Unhas nenas de 5ºB viñeron á nosa aula para dramatizar un conto terrorífico.


 Estivemos na biblioteca xogando con varios xogos de Samaín, algo de robótica, quebracabezas...

 Preparamos a mesa para a exposición de cabazas que montaremos a partires do luns no corredor de 2º ciclo.




miércoles, 18 de octubre de 2023

COMPETENCIA DIXITAL

 Este ano temos unha nova ferramenta de traballo dixital nas nosa aulas: uns chromebooks para poder investigar e buscar información por parellas ou pequenos grupos. Coa axuda dun guión imos collendo autonomía na búsqueda de información: seleccionar, filtrar, traducir, comprender, resumir... o alumnado vai traballando a súa competencia dixital e o mellor de todo, aprendendo e desfrutando do proceso!

                                     

                                              

                                   

                                   


martes, 10 de octubre de 2023

MEDIDAS

 Utilizar o noso corpo como instrumento é algo moi importante para estimar medidas. Hoxe comezamos en vertical,  axudándonos todos e todas para recoñecer a unidade de medida básica, o metro. Despois fixemos unha pequena montaxe coas nosas caras, chulísimo!!!



  Pero tamén practicamos a medición con regras, metros ou cintas métricas máis longas según a superficie que haxa que medir sabendo utilizar a  unidade correcta.