jueves, 29 de febrero de 2024

EXPERIMENTOS 8

 Seguimos experimentando cos imáns. Nótase que este tema do magnetismo gústanos moito. Sara quiso demostrar cómo a forza do imán atravesa o vidro, a auga... conseguirao? Mirade que ben explica os materiais necesarios, o procedemento... 

  



.Tomas falsas..






miércoles, 28 de febrero de 2024

EXPERIMENTOS 7

    Petra foi a nosa cientítica de hoxe. Ela experimentou con imáns e clips para comprobar qué forza é máis forte: o magnetismo ou a gravidade. Ensaio+erro e volta a empezar, así é como facemos ciencia...






Tomas falsas...





viernes, 23 de febrero de 2024

EXPERIMENTOS 6

   Hoxe Mario e Lucía M. fixeron un experimento con agullas. Pero tiñan todo moi preparado, non foi nada perigoso. Un globo, agulla e celo e parece que fan maxia: seguro que o globo non explota????  








jueves, 22 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024!!!

 E por fin celebramos o Entroido no Vilaverde!!! Nas aulas montamos un salón de manicura e maquillaxe de bruxas e bruxos que foi un éxito, todos os nenos e nenas que quixeron pintaron as uñas, maquillaron os ollos ou debuxáronse arañas na cara para que os disfraces fosen moi completos e realistas.

             

Despois tocou sesión de fotos e...ao desfile!!

         

  Este ano fomos os encargados de redactar o xuízo contra Vilaverdiño. En equipos cooperativos ambas clases estivemos traballando os versos, as rimas e pensando nos temas que poderíamos utilizar para culpar ao pobre galo. As coplas finalmente elexidas foron moi ben recitadas por Leo, Raquel, Sara e Vicente.

                                         


  















EXPERIMENTOS 5

  Martín foi o científico que nos fixo un novo experimento con auga. Será capaz de vencer á forza da gravidade cunha simple carta? Costou un pouco, pero por fin Martín explicou moi ben cómo a tarxeta queda pegada á superficie do vaso con auga. 

                                             




Tomas falsas












sábado, 10 de febrero de 2024

EXPERIMENTOS 4

   Novo experimento na clase. Desta vez a nosa científica foi Noelia, que fíxonos razoar moito co magnetismo: qué é máis forte, a gravidade ou o magnetismo? A forza do magnetismo atravesa outros materiais? Pois o método científico axúdanos a resolver estas preguntas: facemos hipóteses, experimentamos, observamos, sacamos conclusións...


Coma sempre, algunha toma falsa chea de risas:








PREPARANDO O ENTROIDO

   Canto traballo estamos a facer para preparar os nosos disfraces de Entroido!!! Todos e todas colaborando coa pistola de silicona, a purpurina, os troqueladores, as cintas...

  Este ano o tema é a maxia, e como bos bruxos e bruxas estamos elaborando con moito agarimo variñas máxicas, sombreiros e ata temos un disfraz para a nosa mascota Chiqui. Xa tivemos que retrasar o desfile unha semana, agardemos poder celebralo o vindeiro venres!! Aquí podedes ver un adianto:









miércoles, 7 de febrero de 2024

APRENDEMOS DOS MAIORES

  Hoxe estivemos admirando os traballos que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de 6º. Resulta que tamén están traballando o mapa de España, as comunidades e provincias, e fixeron unhas manualidades espectaculares. Tomamos nota das vosas ideas!!! Gracias!!!





EXPERIMENTOS 3

  Bruno e Claudia foron os seguintes en facer un experimento, esta vez unha reacción química con vinagre máis bicarbonato de sodio. Neste primer vídeo explicaron os materiais necesarios e o proceso:


  Neste outro vídeo podemos ver cómo dunha subtancia líquida e outra sólida pasamos a ter unha gasosa. Parabéns Claudia e Bruno!! Saiu moi ben á primeira!!



Hoxe só temos unha toma falsa...



martes, 6 de febrero de 2024

GRAFFITEANDO CON BANKSY

 Os nenos e nenas de Proxecto Competencial estiveron traballando coa obra dun artista reivindicativo e moi orixinal: o graffitero Banksy. A través das súas obras fai críticas sociais e invítanos a reflexionar sobre a sociedade na que vivimos. O alumnado traballou en equipos cooperativos elixindo tres das súas obras para decorar o noso recanto de 4º. Coñecedes a Banksy?





DÍA DA PAZ

   Celebramos o Día da Paz e Non Violencia no cole. Todo o alumnado aprendeu a signar unha nova canción, "Los niños queremos la paz", para poder cantala pola mañá no patio. Escoitade que ben o sabemos facer!!