sábado, 10 de febrero de 2024

PREPARANDO O ENTROIDO

   Canto traballo estamos a facer para preparar os nosos disfraces de Entroido!!! Todos e todas colaborando coa pistola de silicona, a purpurina, os troqueladores, as cintas...

  Este ano o tema é a maxia, e como bos bruxos e bruxas estamos elaborando con moito agarimo variñas máxicas, sombreiros e ata temos un disfraz para a nosa mascota Chiqui. Xa tivemos que retrasar o desfile unha semana, agardemos poder celebralo o vindeiro venres!! Aquí podedes ver un adianto:









No hay comentarios:

Publicar un comentario