jueves, 21 de marzo de 2024

DIA DA POESIA

Hoxe 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cunha proposta da Biblioteca do cole: elaborar flores poéticas para decorar o rellano de entrada. Nós completamos cun recital en inglés,galego e castelán no que o alumnado puso en marcha todas as súas destrezas de poetas e poetisas!!!!! 

miércoles, 20 de marzo de 2024

LAPBOOKS DE FOTOGRAFÍA

   Os nenos e nenas de Proxecto Competencial elaboraron uns lapbooks preciosos co proxecto de fotografía que traballamos nas últimas sesións. Aprenderon a facer fotos en contrapicado, con moita luz, con contraste, de paisaxes, retratos, dende o chan...

    Así descubrimos e valoramos como cambia a realidade según a perspectiva coa que miremos...






martes, 12 de marzo de 2024

EXPERIMENTANDO COA LUZ

   Estes días fixemos unha nova manualidade dentro do proxecto científico sobre a enerxía. Traballamos as cores, as mixturas, os corpos transparentes ou opacos e a luz a través das vidreiras. Só necesitamos papel celofán amarelo, vermello e azul e aproveitar toda a goma Eva que sobrou dos gorros de bruxas e bruxos no Entroido. 

  Mirade que bonita temos agora a fiestra do noso rellano. 
















SALÓN DO LIBRO

   Hoxe visitamos o Salón do Libro. Orbil recibiunos vestido de mago e fíxonos moita ilusión achuchalo un pouquiño. Logo cada aula disfrutou dun obradoiro difente: un de creación de contos e outro de experimentos científicos, todo relacionado coa maxia , que é o tema deste ano. 

  Percorrimos toda a exposición e atopamos a Vilatrasno, o noso trasno do cole, rodeado de caldeiros máxicos, bruxas, pocións, fontes de cores e libros con moitos truquiños de maxia. 

                                                          Encantounos a visita!!



                                                    








lunes, 4 de marzo de 2024

EXPERIMENTOS 9

   Nuria foi a seguinte científica que experimentou con auga e colorante alimenticio para lograr unha disolución. E non foi tan doado... Hai que perseverar, buscar solucións, formular hipóteses, razoar...










sábado, 2 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

   Para conmemorar dúas datas tan especiais como o Día da Muller e a Nena na ciencia (11 de febreiro) e o Día da Muller (8 de marzo) no cole decidimos unificalas e traballar con experimentos sobre todo nas áreas de matemáticas e ciencia.

  Presentamos dous experimentos feitos por catro nenas científicas: Claudia, Julia, Lucía M. e Noa. Claudia e Lucía M. tentaron preparar tinta de rotulador con auga, vinagre e colorante alimenticio xogando coas cores; Julia máis Noa mostráronos cun experimento moi visual unha das propiedades da luz: a refracción. Tan só utilizaron un vaso, auga e uns papeliños cunhas frechas debuxadas.