Hoxe visitamos o Salón do Libro. Orbil recibiunos vestido de mago e fíxonos moita ilusión achuchalo un pouquiño. Logo cada aula disfrutou dun obradoiro difente: un de creación de contos e outro de experimentos científicos, todo relacionado coa maxia , que é o tema deste ano.
Percorrimos toda a exposición e atopamos a Vilatrasno, o noso trasno do cole, rodeado de caldeiros máxicos, bruxas, pocións, fontes de cores e libros con moitos truquiños de maxia.
Encantounos a visita!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario