sábado, 30 de septiembre de 2023

ROBÓTICA

  Este ano no recanto de 4º temos varios materiais de robótica para que todo o alumnado teña unhas nocións básicas da materia de maneira integrada co currículo: Legos, We-Do 2.0, xogos de rodas, pancas e poleas, etc. Nas primeiras sesións os nenos e nenas estánse a familiarizar co material seguindo instruccións moi  sinxelas.








viernes, 29 de septiembre de 2023

TRABALLO EN EQUIPO E MATEMÁTICAS

   Desta maneira tan divertida estivemos repasando conceptos de xeomería como diagonal, perímetro ou simetría, pero ademáis practicamos a medición de superficies grandes de xeito cooperativo. Gran traballo de equipo: planificación da estratexia, toma de decisións, colaboración, rexistro e comprobación de datos... 









martes, 26 de septiembre de 2023

VIVENCIANDO AS MATEMÁTICAS



Os nenos e nenas aprenden vivenciando e manipulando. Estes primeiros días están tomando contacto co material matemático que utilizaremos durante o curso: imáns, cintas métricas, xeoplanos, espellos... e case sen darse de conta, interiorizan moitísimos conceptos de xeometría, orientación espacial, estimación, simetrías, ensaio-erro... 







miércoles, 20 de septiembre de 2023

DINÁMICAS GRUPAIS EN 4ºA

 Na clase de 4º A comezamos o curso facendo todos os días dinámicas de grupo, traballo cooperativo e diferentes xogos para coñecernos un pouco máis e mellorar o clima emocional da clase.

Adiviñar cualidades positivas dos compañeiros e compañeiras

Lema da clase (e con música)


    

Firma coa pegada dactilar co compromiso de tentar cumplir as normas da clase












viernes, 8 de septiembre de 2023

VOLTA ÁS CLASES

O luns comezan as clases! Xa estamos en 4º!!!

Este vai ser o noso novo espazo...






Comezamos...