lunes, 27 de noviembre de 2023

25N: BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA.

 Todos os nenos e nenas de 4º berramos contra a violencia de xénero nunha data tan importante como é o 25 de noviembre. A través da obra de Munch "O grito" expresamos a nosa repulsa contra esta lacra social.




En 4ºB fixemos unha actividade por parellas desestructurando o cadro por mitades e dándolle outra cor, outra visión. Aquí están todos os resultados. Xenial!!!!














XOGOS MATEMÁTICOS

  Durante estes días temos no noso recanto de 4º unha morea de xogos matemáticos, sobre todo de lóxica e razoamento espacial, cedidos polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado. Todo o alumnado terá a oportunidade de pasar polos diferentes materiais e poñer en práctica moitas rutinas de pensamento como planificar, anticipar, reformular, errar e probar de novo, traballar en equipo, cambiar estratexias...








viernes, 10 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓN SOBRE PICASSO

 O xoves 9 estivemos visitando a exposición "Picasso protagonista: viñetas no cómic español contemporáneo." no Café Moderno-Afundación de Pontevedra. Ademáis de traballar un pouquiño sobre a vida e obra do pintor e observar os traballos de moitos artistas arredor dos seus cadros, fixemos un obradoiro mixturando arte e tecnoloxía. Por grupos elaboramos o noso particular "Guernica" con son mediante Scratch e una placa makey makey. Pasámolo xenial!!!












jueves, 2 de noviembre de 2023

SAMAÍN

O martes 31 foi un día cheo de actividades en 4º. Botade un vistazo na Aula Virtual porque atoparedes unha montaxe de fotos con todas as vosas disfraces, as merendas terroríficas, as cabazas, o baile en LSE, o Magosto...