domingo, 30 de abril de 2023

ERICA ESMORÍS

 O 27  de abril visitounos Érica Esmorís e contounos cando comezara a escribir "Patio de Luces" e o tempo qu elle levara. Tamén nos dixo por que o escribira...

Escribiuno moi rápido durante o confinamento e está adicado a José, o porteiro do edificio no que vivía cando era pequeniña.

Moitas grazas, Érika por vir visitarnos!!!







viernes, 28 de abril de 2023

O BOSQUE DA ESPERANZA

O martes, 25 de abril, fomos plantar árbores ao monte da Fracha. Alí explicáronnos como tiñamos que facer e mesmo había moitos fotógrafos e cámaras de televisión. Saímos en moitos medios de comunicación.


Aquí podemos ver máis imaxes.


lunes, 24 de abril de 2023

CHARLA SOBRE O PROXECTO: "O BOSQUE DA ESPERANZA"

O xoves, 21 de abril, viñeron explicarnos que imos participar nun proxecto fantástico: O BOSQUE DA ESPERANZA. Estamos moi ilusionados e queremos que chegue o martes para ir ao monte da Fracha!





lunes, 10 de abril de 2023

TALLER MAPFRE SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O xoves, 23 de marzo, tivemos un taller sobre alimentación saudable desenvolto por Mapfre. Aprendemos que os alimentos están compostos por nutrientes e que o noso corpo precisa deles para manterse san.

Por equipos organizamos menús saudables: almorzo, comida e cea.