sábado, 23 de diciembre de 2023

TRABALLANDO COA CALCULADORA

 Traballo en equipo + calculadora + cronómetro + reto matemático= actividade moi motivadora na que a axilidade no uso da calculadora e un bo razoamento son  fundamentais para superar o reto. O alumnado aprende a traballar en equipo, sumando as forzas de todos e todas e mantendo a concentración durante moito tempo. Parabéns chic@s!!!!







TARXETAS DE NADAL

  Todo o alumnado de 4º participamos no tradicional concurso de tarxetas de Nadal do CEIP Vilaverde. Englobada dentro do programa de educación emocional, cada neno e nena levou un fermoso recordo cun agarimoso mensaxe. Aínda que ningunha das nosas tarxetas está entre as gañadoras, disfrutamos moito da súa elaboración e servíunos para rematar o traballo sobre Picasso que realizamos ao longo do trimestre.
 






TRABALLOS DA BIBLIOTECA

  Non hai nada mellor para traballar a competencia lectora que ler un bo libro disfrutando do seu contido, das ilustracións, das personaxes...O alumnado de 4º B fixo diferentes presentacións para mostrarnos se o libro que leron da biblioteca do cole era divertido, misterioso, aburrido, de aventuras... Tivemos murais, presentacións dixitais con Canva ou Power Point, cómics... Saíron ideas moi, moi interesantes e compartíronse opinións e críticas moi ben fundamentadas. Moi ben chic@s!!!!




                                      








miércoles, 20 de diciembre de 2023

XOGADE

   Dentro do programa de Educación Física que o profe Víctor está a desenvolver este ano no nose cole (XOGADE) o alumnado de 4º tivemos a oportunidade de disfrutar dunha xornada de deporte e convivencia cos nenos e nenas do Marcos da Portela. Estivemos toda a mañá xogando, sempre con equipos mixtos e de ambos coles para fomentar a cooperación, o respeto, o xogo limpo... 

                           Pasámolo xenial e estamos desexando repetir a experiencia!!





sábado, 2 de diciembre de 2023

VISITA DUNHA CAMPIONA MUNDIAL

  Este xoves 30 de novembro recibimos a visita de toda unha campiona mundial: Claudia Couto Fernández, campiona mundial sub-23 de piragüismo dende este verán. Ela foi alumna do cole fai uns poucos anos, e aproveitando que estaba nuns días de descanso na cidade, pasou polo cole para falarnos dos seus entrenos, a súa historia no piragüismo, trouxo a medallas, ensinounos cómo se move o remo...
Un gran exemplo de perseverancia e loita!!