sábado, 2 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

   Para conmemorar dúas datas tan especiais como o Día da Muller e a Nena na ciencia (11 de febreiro) e o Día da Muller (8 de marzo) no cole decidimos unificalas e traballar con experimentos sobre todo nas áreas de matemáticas e ciencia.

  Presentamos dous experimentos feitos por catro nenas científicas: Claudia, Julia, Lucía M. e Noa. Claudia e Lucía M. tentaron preparar tinta de rotulador con auga, vinagre e colorante alimenticio xogando coas cores; Julia máis Noa mostráronos cun experimento moi visual unha das propiedades da luz: a refracción. Tan só utilizaron un vaso, auga e uns papeliños cunhas frechas debuxadas.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario