jueves, 22 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024!!!

 E por fin celebramos o Entroido no Vilaverde!!! Nas aulas montamos un salón de manicura e maquillaxe de bruxas e bruxos que foi un éxito, todos os nenos e nenas que quixeron pintaron as uñas, maquillaron os ollos ou debuxáronse arañas na cara para que os disfraces fosen moi completos e realistas.

             

Despois tocou sesión de fotos e...ao desfile!!

         

  Este ano fomos os encargados de redactar o xuízo contra Vilaverdiño. En equipos cooperativos ambas clases estivemos traballando os versos, as rimas e pensando nos temas que poderíamos utilizar para culpar ao pobre galo. As coplas finalmente elexidas foron moi ben recitadas por Leo, Raquel, Sara e Vicente.

                                         


  















No hay comentarios:

Publicar un comentario