ESTAR ESTES DÍAS NA CASA FAISE DURO E MÁIS PARA AS NENAS E NENOS QUE NON ENTENDEN POR QUE TEÑEN QUE ESTAR TANTO TEMPO NO FOGAR SEN PODER SAÍR AO PARQUE AÍNDA QUE FAGA BO TEMPO.
É NECESARIO QUE FALEDES CON ELAS E ELES, PORQUE TANTO TEMPO DE ENCIERRO, SEN PODER VER A OUTROS FAMILIARES OU AMIG@S E ESCOITANDO NA "TELE" OU A VÓS MESMO FALAR DO CORONAVIRUS, PODE XERAR UN POUCO DE NERVIOSISMO OU MEDO.
AQUÍ VOS AMOSAMOS UNS VÍDEOS E UN EXPERIMENTO, PARA QUE SAIBAN QUE É UN VIRUS E ENTENDAN A IMPORTANCIA DE LAVAR AS MANS PARA EVITAR CONTAXIARSE.
ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE PODEMOS FACER A PARTIR DA VISUALIZACIÓN DESTES VÍDEOS:
- FALAR DOS VIDEOS. RESPOSTAR DE MANEIRA SINXELA A TODAS AS DÚBIDAS QUE POIDAN TER USANDO UNHA LINGUAXE APROPIADA PARA ELES E ELAS.
AINDA QUE LLE DIGAMOS QUE É UN VIRUS PERIGOSO POLA FACILIDADE DE CONTAXIO, DARLLE SEGURIDADE E CONFIANZA.
- ESCRIBIR O NOME DA PROTAGONISTA DO CONTO (ROSA), MEU NOME, O DOS MEUS FAMILIARES. OS MEUS AMIGOS E AMIGAS...
- ESCRIBIR UNHA LISTAXE DE COUSAS QUE ME GUSTA FACER.
- ESCRIBIR O QUE PODEMOS FACER PARA PROTEXERNOS DO VIRUS (LAVAR AS MANS; TOSER NO CÓBADO; NON TOCAR OLLOS, BOCA E NARIZ; QUEDAR NA CASA...)
- FACER UNHA LISTAXE DE TODO O QUE PODEMOS FACER NA CASA ESTES DÍAS.
- DEBUXAR O VIRUS E ESCRIBIR O SEU NOME.
- FACEMOS UNHA MANUALIDADE: CARTEL “QUEDAMOS NA CASA”
PÓDENSE USAR: PINTURAS, ROTULADORES, TÉMPERA, ANACOS DE PAPEL... ONDE TRABALLAREMOS A NOSA IMAXINACIÓN.
ESTAS ACTIVIDADES SON UNHA AXUDA PARA AQUELES PAIS E NAIS QUE O PRECISEN. POR SUPOSTO QUE NON SON OBRIGATORIAS. PODEDES ESCOLLER OU ENGADIR AS QUE VOS PAREZAN.
ADEMAIS DOS BLOGS MENCIONADOS NA ENTRADA ANTERIOR, PODEDES VER O BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario