jueves, 19 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

A PROFE PAZ SUXIRE ESTAS ACTIVIDADES PARA QUE SE POIDAN FACER NA CASA COS VOSOS FILLOS E FILLAS.

PSICOMOTRICIDADE  1

No seguinte enlace hai un vídeo onde  aparece un circuíto onde se traballa o equilibrios, a coordinacións , habilidades manuais , desprazamentos... A maioría destes exercicios se poden realizar na casa e son moi similares aos que practicamos nas nosas clases.  Pídovos que vexades o vídeo e que leadas as explicacións que detallo a continuación:
1.      Camiñando por encima dunha corda: se non tendes corda na casa podedes utilizar un cable, un cinto... o importante é que os dous pés vaian por riba da corda.
2.      Enroscar o tapón dun cartón de leite:  este exercicio de habilidade manual non o facemos na aula, pero é moi bo para traballar a habilidade manual . MOI IMPORTE FACELO COA MAN DEREITA E A ESQUERDA, que é máis difícil.
3.      Gatear:  o facemos na clase e é un exercicio moi bo de coordinación e forza.
4.      Xiro lateral enriba dun banco: se tendes unha superficie similar na casa o poden facer, se non que faga xiros de pé, cara un lado e cara o outro.
5.      Reptar: este exercicio o facemos moito na clase, fixádevos como é a coordinación no vídeo, é moi importante que movan alternativamente ambas pernas e brazos. Hai alumnado que ten tendencia a utilizar unicamente un lado, ten que utilizar ambos.
6.      Facer nós cunha corda: podedes usar un cordón calquera e un actividade de habilidade manual que tamén traballamos na aula. O alumnado de 3 anos aínda non o fixo pero pode animarse a intentalo.
7.      Xogos de palmas: o que tendes no vídeo e moi sinxelo, o importante e que o alumnado  siga unha estrutura rítmica sinxela sen equivocarse. Se coñecedes outros xogos deste estilo, ensinádellos, e ademais de xogar cos vosos fillos e fillas estades favorecendo o seu desenvolvemento neuromotor.
8.      Desprazamento lateral.
9.      O movemento no que apoian a cabeza no colchón prefiro que non o fagades na casa, todo movemento no que haxa que mobilizar o pescozo prefiro estar eu diante para facer as axudas. O mesmo cos volteos cara adiante ou cara atrás, prefiro que non os fagan na casa porque hai que ensinar a técnica correcta e facer axudas.

  
IREI MANDANDO MÁIS ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario