Coas actividades que vos presentamos
a continuación pretendemos que os nenos e nenas traballen aspectos relacionados
coa autonomía, psicomotricidade grosa e fina, expresión oral, lectoescritura e
lóxica-matemática.
Estas actividades son soamente
propostas, polo que non terán que facerse todas diariamente. Podedes
seleccionar as que prefirades ou incluso engadir todas aquelas que se vos
ocorran.
·
AUTONOMÍA
PERSOAL:
-
Colaboramos
nas tarefas da casa (colocamos os xoguetes na súa caixa, recollemos a roupa,
elaboramos receitas, poñemos e quitamos a mesa, tentamos facer a nosa cama
aínda que sexa con axuda, …)
-
Traballamos
a autonomía durante o aseo e a alimentación (poñémonos e quitámonos sós e soas
a roupa, lavado de dentes, lavado de cara e mans, empregamos os utensilios
axeitados para comer, probamos alimentos novos…
·
PSICOMOTRICIDADE
GROSA E FINA:
-
Non
levar vida sedentaria. Na casa temos que movernos (gateamos, reptamos,
saltamos, rodamos, bailamos ao ritmo da música movendo todo o corpo ou soamente a parte que lle mencionemos…). Facemos actividades de relaxación despois de actividades de movemento a través de exercicios de respiración.
-
Xogamos
coas pinzas da roupa, enroscamos e desenroscamos tapóns, abotoamos calquera
tipo de botóns, subimos e baixamos cremalleiras, facemos tiras de papel cos
dedos, facemos bólas con papel ou plastilina, recortamos coas tesoiras…
·
EXPRESIÓN
ORAL:
-
Falamos
e conversamos moito con eles e con elas sobre calquera tema (as súas propias
emocións, temas actuais e/ou que lles preocupen, relacionado co proxecto
traballado no cole…), sobre contos, películas, adiviñas, poesías, cancións…
·
LECTOESCRITURA:
-
Despois
de ler ou escoitar un conto asegurámonos da súa comprensión facéndolles
preguntas sobre o mesmo.
-
Facemos
un rexistro do conto lido no que escribiremos o noso nome, a data, o título do
conto, escribimos palabras que conteñan a sílaba que lles digamos, debuxamos o
conto…
-
Recortamos
imaxes de folletos e as pegamos nun folio. Escribimos o seu nome.
-
Escribimos
a lista da compra ou calquera outra lista de palabras que se vos ocorra
(amigos, familiares, animais, comidas favoritas, deportes…)
-
Escribimos
unha receita elaborada anteriormente.
- Escribimos un pequeno diario como o que facemos no verán.
·
LÓXICA-MATEMÁTICA:
-
Manipulamos
obxectos, clasificámolos, seriámolos, contámolos…
- Rodeamos o día no calendario e debuxamos o tempo (chuvia, sol...)
Contamos os días que faltan para: rematar o mes, para que chegue a primavera, para chegar a un día determinado que lle digamos...
- Rodeamos o día no calendario e debuxamos o tempo (chuvia, sol...)
Contamos os días que faltan para: rematar o mes, para que chegue a primavera, para chegar a un día determinado que lle digamos...
-
Escribimos
e lemos números con xogos como bingo, dominó de puntos, parchís, xogo da oca…
-
Contamos
números para diante e para atrás.
-
Escribimos
o número anterior e posterior dun número determinado.
-
Escribimos
unha lista de números dende o 0 ata o que saibamos.
-
Resolvemos
problemas de engadir e quitar nos que haxa que manipular obxectos.
-
Plantexámoslles
problemas de engadir e quitar oralmente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario