Este martes 28 de maio rematamos o noso proxecto da Prehistoria cunha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Non puido gustarnos máis a visita, pois fixemos taaaaantas cousas divertidas... Botade unha ollada:
1º. Ruta guiada polo parque con explicacións chulísimas de Carla e Patri sobre os petróglifos e a forma de vida na Prehistoria fai más de 4.000 anos.
2º. Paramos a comer e tivemos un rato libre para xogar nun entorno espectacular.
3º. Obradoiro de cerámica. Cada neno e nena fixo a súa propia vasilla con barro e decorouna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario