Este martes 28 de maio rematamos o noso proxecto da Prehistoria cunha visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Non puido gustarnos máis a visita, pois fixemos taaaaantas cousas divertidas... Botade unha ollada:
jueves, 30 de mayo de 2024
PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO
jueves, 23 de mayo de 2024
POESÍA LETRAS GALEGAS 2024
Como todos os anos celebramos o certame de poesía no CEIP Vilaverde. Tras traballar nas clases versos, rimas e estrofas, exemplos de poesía, etc. cada alumno e alumna escribiu a súa poesía.
As dúas gañadoras de 4º, Martina Junquera e Sara Vidal, recibiron como agasallo un diploma e un libro.
Noraboa poetisas!!!!
martes, 21 de mayo de 2024
PIRÁMIDES DO ANTIGO EXIPTO
Proxecto Idade Antigua + Matemáticas = Deseño dunha pirámide do Antigo Exipto.
Os nenos e nenas de 4ºB están a "construir" a súa propia pirámide co sarcófago do faraón, a porta falsa, trampas, túneles secretos, pozos, etc. E non é nada doado facer coincidir os bloques de pedra!!!
CONSTRUINDO MÁQUINAS SIMPLES
O alumnado de 4ºB está a construir por equipos catro máquinas simples: a panca, a polea, a roda e o plano inclinado. Reutilizando material de refugallo e moita imaxinación estes inxenieiros e inxenieiras están a facer auténticas obras de arte. Xa queda pouco para rematar...
viernes, 10 de mayo de 2024
TENIS DE MESA
miércoles, 8 de mayo de 2024
XEOMETRÍA MANIPULATIVA
Gran traballo en equipo para realizar esta tarefa. Cada grupo tivo que organizar tempos e recursos materiais e persoais para completar as 11 figuras en 3D con paliños e plastilina. Desta maneira tan divertida estamos a repasar vocabulario xeométrico: vértice, arista, polígono, base...
jueves, 2 de mayo de 2024
VISITA Á BRIGADA FORESTAL
Hoxe visitamos a Base da Brigada Forestal Helitransportada do Campiño, moi preto do noso cole, e tivemos un montón de experiencias estupendas. O que máis nos chamou a atención foi obviamente o helicóptero, pero tamén subímonos no camión de emerxencias, iniciámonos no uso da mangueira, vimos como se reciben as mensaxes de emerxencia, descubrimos todo o que leva unha EPI (Equipo de Protección Individual) e disfrutamos moito, moito de toda a información que nos deron.
Algúns xa din que de maiores queren ser bombeir@s forestais!!!!