Hoxe comezamos unha serie de experimentos científicos para aprender da forma máis práctica e vivencial posible o que é o método científico: facer hipótese, sacar conclusións, deducir, errar...
Aínda que algúns dos termos son un pouco difíciles xa somos capaces de razoar os cambios de estado da materia, a diferencia entre masa e volume, a conservación de propiedades da materia, etc.
O máis importante de todo e traballar esa curiosidade innata que todos e todas levamos dentro e quen sabe, algún dos nosos nenos ou nenas de maior será un gran inventor/a ou descubridor/a!!!!
Científico: Xandre
Experimentos: - Pelota voadora
- Sustancia dura ou branda?
No hay comentarios:
Publicar un comentario