lunes, 29 de enero de 2024

EXPERIMENTOS 2


  Segundo día de experimentos con auga. Hoxe era complicado, moi complicado, porque Izan quiso comprobar que unha bolsa chea de auga resistiría sendo atravesada por moitos lápices de cores. En teoría o plástico é moi resistente...

 Despois mostrounos outro experimento para facer neve con só dous ingredentes: auga e celulosa.


                                                           1º intento. Experimento neve


                                                                         2º intento    


miércoles, 24 de enero de 2024

EXPERIMENTOS

     Hoxe comezamos unha serie de experimentos científicos para aprender da forma máis práctica e vivencial posible o que é o método científico: facer hipótese, sacar conclusións, deducir, errar...

  Aínda que algúns dos termos son un pouco difíciles xa somos capaces de razoar os cambios de estado da materia, a diferencia entre masa e volume, a conservación de propiedades da materia, etc. 

  O máis importante de todo e traballar esa curiosidade innata que todos e todas levamos dentro e quen sabe, algún dos nosos nenos ou nenas de maior será un gran inventor/a ou descubridor/a!!!!

                                                                 Científico: Xandre

Experimentos: - Pelota voadora
                                           - Sustancia dura ou branda?

                                                               Preme aquí para vídeo












lunes, 22 de enero de 2024

CHARLA TEUCRO

  Hoxe luns 22 de xaneiro tivemos a visita no cole de tres membros do Teucro: Inés, a súa nutricionista, Javier, o seu delegado, e Javi Santana, o seu porteiro. Con eles falamos da importancia do deporte e dunha boa alimentación nas nosas vidas. Recibimos un pequeno agasallo saudable e Javi firmounos un montón de autógrafos!!! 




  
          
                                        

domingo, 21 de enero de 2024

INICIANDO O SEGUNDO TRIMESTRE

  Estas dúas semanas despois das vacacións de Nadal están sendo moi intensas, de comezar novos proxectos, novos contidos, novas manualidades... Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas das cousiñas que están a facer os nenos e nenas de 4ºB:

  Proxecto "O relevo de España"


Manualidade de papiroflexia: boneco de neve

       

                              

Proxecto competencial: o arte do graffiti, coñecendo a Banksy


- Preparando o Día da Paz: contos seleccionados na Biblioteca para facer unha dramatización