jueves, 17 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS VERÁN 2021


Ola familia!: 

Estamos de vacacións!!! Neste curso tan peculiar traballamos e aprendemos moito, agora queremos divertirnos: queremos xogar, ler, cantar, pasear, ir a sitios novos, ...  Pero tamén imos deixar algo de tempo para repasar e así comezar con máis seguridade e éxito en 2º: 


  • Ler todos os días, xa podo ler en letra de imprenta: contos, noticias no xornal, banda deseñada, tebeos, libros sobre algo que me guste, poesías, receitas, unha páxina web,...  Dominar a lectura é moi importante para superar ben 2º e para aprender mellor. A lectura só mellora cando a practico moito, moitísimo.

  • Elaborar un diario ou un caderno escribindo nel o que vemos e o que facemos no verán, pegando algunha foto ou debuxo dun sitio que visitamos e narrando o que alí pasou, explicando unha noticia que nos contaron ou que sucedeu neses meses,... 

  • Escribir un pouquiño cada día, coidando facer unha letra lexible, cos trazos adecuados, coidando a ortografía e caligrafía. Podo escribir unha carta, un conto, unha noticia, un cómic, unha información sobre un animal ou unha planta, sobre un personaxe famoso,... 

  • Xogar con xogos de mesa (bingo, oca, parchís, tres en raia, conecta, dominó ...) para que me axuden a atender, razoar, a calcular mentalmente...

  • Repasar resolución de problemas. Repasar cálculo, pois automatizar as operacións precisan de moita práctica, no vindeiro curso agárdanme operacións algo máis complicadas e todas con levadas, así que teño que ter seguridade nas máis sinxelas. 



XOGOS ONLINE

https://www.cokitos.com/animal-link/play/ ANIMAL LINK

https://www.cokitos.com/memoria-y-atencion/play/ MEMORIA

https://www.cokitos.com/contar-con-el-abaco/play/ ÁBACO

https://www.cokitos.com/geoplano-virtual-tablero-geometrico/play/ XEOPLANO

https://www.cokitos.com/jugar-tangram-educativo/play/ TANGRAM

https://www.cokitos.com/parejas-animales/play/ PARELLAS

https://vedoque.com/html5/regletas/ QUEBRACABEZAS CON REGRETAS


OUTRAS SUXESTIÓNS ESPECÍFICAS DE REPASO PODEN SER:

❑ 101 Tareas para desarrollar las competencias. 1 GEU (Grupo editorial universitario)

10 sesiones para trabajar los contenidos básicos 1. (Lengua y matemáticas) GEU (Grupo editorial universitario)

Lingua:

  • Cuaderno de Lenguaje. 1º Ejercicios básicos para preparar el paso a 2º. Editorial Arcada.

  • ❑Cuaderno Ortografía. Punto y aparte. Cuadernos 1 /2 /3. Editorial Arcada 

  • ❑ Cuadernos de lengua "domina con Bruño"la comprensión lectora" 1º. Editorial Bruño

  •  ❑Cuadernos de lengua "domina con Bruño"la expresión escrita" 1º. Ed. Bruño

  • Cadernos Lingua Galega Comprender e Aprender 1. Editorial Vicens Vives

  • Uxía é Uxía Xogo de Lectura. Equipo de Lectura Eficaz en galego. Editorial Bruño


Matemáticas:

  • Cuaderno de Matemáticas. 1º Ejercicios básicos para preparar el paso a 2º. Editorial Arcada.

  • ❑Cálculo fácil (Primaria). 2, 3, 4, 5. Equipo Ábaco. Grupo Editorial Universitario.

  • ❑Matemáticas fáciles (Primaria). 2, 3, 4. Equipo Ábaco. Grupo Editorial Universitario.

  • ❑Mis problemas favoritos. nº: 1.2./1.3 GEU editorial.0


Inglés:

Tendes no blog de inglés contos, cancións, historias, xogos e audiolibros cos que estar entretidas e entretidos durante o verán, tamén nestes enlaces podedes practicar moitos aspectos:

Reading 

Colección Oxford Read and Imagine. Edit Oxford (varios niveis)

Macmillan young Readers. Edit MacMillan (varios niveis)

Storytellers SM (varios niveis ON LINE):

https://www.youtube.com/watch?v=I9reZ6Vds-E&list=PLLNIcibuuhvwOPXWrX28Hd0Hjo-RGzHQu

Games

https://www.gamestolearnenglish.com/

http://www.funenglishgames.com/

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-ingles/ingles/cursos/01-primero/index.html http://learnenglishkids.britishcouncil.org/

Activities

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/colours/colours.html

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/family/family.html

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/pets/pets.html

https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/toys/toys.html




DEICA SETEMBRO! BO VERÁN!

 

1 comentario:

  1. Moitas grazas a todo o equipo polo traballo realizado durante todo o curso e grazas tamén por todos estes recursos para os meses de verán. BOAS VACACIÓNS!!

    ResponderEliminar