DARÍO FORMA PARTE DE ÁRBORE, QUE É UNHA SOCIEDADE QUE SE DEDICA A TEMAS RELACIONADOS COA ARQUEOLOXÍA.
ELES VIÑAN A CONTARNOS ALGO SOBRE A "CERIMONIA DO LUME NOVO", E COMO CONSEGUÍAN FACER LUME OS INDÍXENAS.
EN NOVEMBRO, OS INDÍXENAS, COA CHEGADA DO INVERNO, FACÍAN ESTA CERIMONIA ONDE SE APAGABAN POR COMPLETO, OS LUMES DOS FOGARES.
COA AXUDA DUN PAU E UN MADEIRO, FROTABAN UN SOBRE OUTRO ATA CONSEGUILO. ERA UN TRABALLO EN EQUIPO! PORQUE FACER LUME ERA MOI CANSADO.
TAMÉN NOS ENSINARON COMO OS EUROPEOS, NA CARABELA FACÍAN LUME.
ERAN MÁIS AVANZADOS! GOLPEABAN UN METAL CUNHA PEDRA PARA FACER SALTAR CHISPAS!
AO FINAL, ENTREGÁMOSLLE A DARÍO UN DIPLOMA EN AGRADECEMENTO POR VIR A AMPLIAR O NOSO COÑECEMENTO SOBRE A ÉPOCA DE COLÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario