TODAS E TODOS DESEXABAMOS QUE CHEGASE ESTE DÍA.
QUEN NON PODÍA FALTAR A ESTA FESTA ERA O GALO VILAVERDIÑO.
PACO ENCARGOUSE DO MECO E NÓS, DURANTE ESTA SEMANA, TAMÉN COLABORAMOS NA SÚA CONSTRUCIÓN: METÉMOSLLE BÓLAS NO SEU BANDULLO E PEGÁMOSLLE PLUMAS.
ÍA BEN GUAPO DISFRAZADO DE HIPPIE!!!
O VENRES 1 DE MARZO COMEZAMOS O DÍA MOI NERVIOSAS E NERVIOSOS XA QUE TIÑAMOS QUE DESFILAR DIANTE DE TODAS AS NENAS, NENOS, FAMILIARES E PROFESORADO DO COLE. PUXÉMONOS O DISFRACE E ANTES DE SAÍR AO PATIO FOMOS VISITAR AO GALO VILAVERDIÑO PARA VELO REMATADO.
DESFILAMOS DESPOIS DO ALUMNADO DE 3 ANOS E FOMOS REPARTINDO CARTAS COMO BOAS E BOS CARTEIROS. NON CHEGARON A NADA; TODAS E TODOS QUERÍAN UNHA CARTA!
AO REMATAR O DESFILE FOMOS A NOSA CLASE PARA MERENDAR.
LOGO BAIXAMOS DE NOVO AO PATIO PARA VER COMO QUEIMABAN AO GALO VILAVERDIÑO.
QUEIMOUSE RAPIDÍSIMO!!!
PARA O VINDEIRO ANO TEMOS QUE FACER OUTRO!
MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA PARTICIPACIÓN NO DISFRACE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario