miércoles, 21 de mayo de 2025

REGUEIFESTA

 Acudimos á gala Regueifesta onde escoitarmos regueifar en moitos idiomas diferentes.

Que viva a nosa cultura!





MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Aproveitando o bo tempo fomos ao patio a facer matemáticas. Problemas por relevos. 







 

POLOS CREATIVOS







 

CARREIRA UNO ENTRE CIEN MIL

Participamos na carreira contra a Leucemia "Uno entre cien mil", corrimos, fixemos unha merenda saudable e recibimos un diploma.
Tamén recaudamos fondos para loitar contra a Leucemia. 




 

viernes, 16 de mayo de 2025

jueves, 15 de mayo de 2025

RÍAS DO SUR

 Grazas á mestra de EF e grazas a Rías do sur, pasamos unha magnífica xornada deportiva facendo waterpolo e squash. 











miércoles, 14 de mayo de 2025

SALVAXES

Dacordo co noso proxecto de cine decidimos vestirnos de Leóns da Metro Goldwyn Mayer.
Ensaiamos as ladaíñas antes de baixar a desfilar, e despois despedimos ao pobre de Vilverdiño, que pasou a mellor vida. 





 

ARELAS


Da man de ARELAS aprendemos moitos contidos novos e situamos outros conceptos que nos sonan de escoitalos, pero non sabemos ben que implican nin onde situalos.
Unha formación moi necesaria en prol do respecto á diversidade, porque cada un é como quere ser e iso é precioso. 





 

domingo, 16 de febrero de 2025

ENREGUÉIFATE

Esta semana tivemos na nosa escola aos rapaces de ENREGUÉIFATE! 

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.





sábado, 8 de febrero de 2025

ECOSISTEMAS

Realizamos unhas maquetas por equipos sobre os ecosistemas que traballamos na aula: bosque, pradaría, litoral...
Cada equipo escolleu o que máis lle gustou e con creatividade e materiais reciclados deseñaron o seu propio ecosistema.
E estes son os resultados: