sábado, 30 de noviembre de 2024
POLO CORREO DO VENTO
Os rapaces de Polo correo do vento acudiron ao noso colexio a falarnos da importancia da Ciberseguridade, e aprendimos palabras como "cibercarrachos" ou a importancia de protexer as nosas contrasinais.
E sobretodo a non falar con ningún descoñecido polas redes.
Internet pode ser un mundo moi perigoso si non temos coidado e nos confiamos demasiado.
25 DE NOVEMBRO
De novo contamos coa presenza da Cruz Vermella para aprender dun tema moi importante como a Violencia de Xénero.
A diferenza entre estereotipos e roles de xénero...
Do verdadeiro significado da importancia do Feminismo na nosa sociedade.
Dun mundo máis xusto e máis amable.
Lembra que se precisas axuda podes chamar ao 016. Non cales!
domingo, 17 de noviembre de 2024
LSE na aula
Este ano no cole seguimos formándonos en Lengua de Signos Española e igual que o ano pasado contamos con Iria, a intérprete de lengua de signos.
Nesta ocasión visualizamos "El sueño de Pedro", un neno que soña con vivir nun mundo sen barreiras, e iso é o que pretendemos.
Tamén aproveitamos para repasar o alfabeto dactilolóxico e non se nos da mal, ata nos atrevimos a conversar un pouquiño.
jueves, 7 de noviembre de 2024
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR
Hoxe, 7 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar. Un tema de suma importancia, polo que recibimos unha formación a cargo da Cruz Vermella.
Aprendemos tipos de violencia (física, verbal ou psiclóxica), diferenzas entre acoso (continuado no tempo) cunha falta de respecto puntual (aínda que igual de inadmisible)...
PLAN DIRECTOR
Temas como os peligros de internet son hoxe en día moi necesarios traballalos na aula para que os cativos corran os menos riscos posibles.
Para iso tivemos unha formación a cargo da Policía Nacional, dentro do Plan Director, onde nos explicaron os peligros dos videoxogos, as redes sociais...
Toda información é pouca!
martes, 5 de noviembre de 2024
TEATRO AFUNDACIÓN
Hoxe fomos ao teatro Afundación a ver a obra "O mundo está roto pero pódese camiñar".
Unha obra que nos conta como os libros poden salvarnos de situacións tristes na nosa vida.
Encantounos!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)