miércoles, 30 de octubre de 2024
MAGOSTO
lunes, 28 de octubre de 2024
ESTIRANDO ALGO MÁIS CAS PERNAS
miércoles, 23 de octubre de 2024
CO-AVALIANDO
Hoxe fixemos de mestras e mestres!
Onte escribimos un problema de matemáticas relacionado cos contidos de CCNN e sairon cousas desternillantes, como os nenos que mercaban células...moi imaxinativos estes cativos!
Pois hoxe tocou o turno de avaliarse, e a actividade consistía en ler unha rúbrica (que será esa cousa tan rara?) e fixarse nos puntos que deberían anotarse en cada apartado, ata ter a puntuación final.
Irían intercambiando a folla ata que todo o equipo avaliase a todos.
O curioso é que a meirande parte dos equipos coincidiron bastante no veredicto, son boa xente!
martes, 8 de octubre de 2024
EXPERIMENTANDO
Esta semana achegámonos ao método científico realizando un experimento relacionado co tema de Ciencias da natureza: "Os seres vivos".
Fomos ao laboratorio para ver no microscopio as células que se poden ver nunha cebola.
Toda unha experiencia! Repetiremos seguro!
A PRIMEIRA CHARLA DO CURSO
Este 7 de outubro tivemos unha charla moi interesante en relación coa saúde física.
Aprendemos como debemos coidar o noso corpo para non padecer doenzas a longo prazo.
Nas vindeiras semanas levaremos á práctica o aprendido.
Estade atentas e atentos que vos contamos outro día!
miércoles, 2 de octubre de 2024
A CÉLULA
Mirade que obras de arte fixeron estas nenas e nenos de 5º.
A única premisa era que trouxeran o material que eles quixesen e no tempo establecido tiñan que elaborar unha maqueta dunha célula.
Podían elixir vexetal ou animal así como os materiais que máis lles gustasen.
E podedes comprobar como non hai unha igualiña a outra. Se queredes velas con detalle, están expostas no corredor das aulas. Vinde velas!
Menudos artistas están feitos estas rapazas e rapaces!
Seguiremos traballando!