miércoles, 26 de junio de 2024

FIN DE CURSO

  Queridos nenos e nenas de 4º!!!! Despois dun curso de moito esforzo e traballo chega o momento de descansar e disfrutar do verán. E cargade pilas para o vindeiro curso que xa estaredes en 5º!!

                                                    Un bico enorme de Susana e Mariluz!!!!




martes, 18 de junio de 2024

CABALOS DE TROYA

 Último producto relacionando co noso proxecto da Idade Antiga: traballando a mitoloxía grega interesounos moito a guerra de Troya e toda a lenda que a rodea. Visualizamos esceas de películas ou debuxos animados, investigamos algún nomes dos protagonistas (Ulises, Paris, Aquiles, Helena...), fixemos lecturas comprensivas e como remate final armamos estas figuras de cabalos en equipos cooperativos.       


  


    




viernes, 14 de junio de 2024

ESCUDOS ROMANOS

   Esta semana fixemos un pequeño proxecto de investigación histórica sobre o Imperio Romano. Aprendemos que foron grandes conquistadores e que o seu exército foi impresionante, así que lanzámonos a construir uns escudos con pratos de cartón. Analizamos imaxes de escudos reais, os símbolos que máis aparecían, e logo cada un de nós fixo o seu propio deseño. 

                                     Aquí tedes aos guerreiros e guerreiras de 4ºB!!








 

miércoles, 12 de junio de 2024

4º A TAMÉN VISITA O HORTO

O mércores, 12 de xuño, o alumnado de horto convidounos a visitalo. Algúns deles son as nosas compis Julia e Alba. 

Déronnos moita información...






martes, 11 de junio de 2024

VISITA Á HORTA ESCOLAR

   Hoxe tivemos unha sesión formativa na horta do cole por parte de varios alumnos e alumnas de 5º e 4ºA. Ensináronnos todo tipos de plantas, os seus usos e beneficios, como coidalas, etc. Repasamos moitos conceptos que xa tiñamos un pouquiño olvidados e aprendimos outros datos novos. 

Graciñas ao equipo da horta que fai un traballazo enorme durante todo o ano!!!





domingo, 2 de junio de 2024

CONSTRUINDO MÁQUINAS SIMPLES

 Para rematar o curso o alumnado de 4º B tivo que poñer en práctica un montón de habilidades e destrezar para sacar adiante o proxecto de fabricar catro máquinas simples a partir de material de refugallo. Moito traballo en equipo, moito ensaio-erro, moita hipótese e finalmente, un orgullo tremendo por ver como estes 23 nenos e nenas son capaces de todo o que se lles propoña.

                                                           Parabéns chicos e chicas!!!