miércoles, 18 de diciembre de 2024

NURIA ARGIBAY

O pasado 3 de decembro tivemos un taller ca pintora Nuria Argibay que nos ensinou unha técnica moi interesante para facer cas cores primarias.
Co resultado obtivemos a postal de Nadal que quedou moi chula!



CAFÉ MODERNO

O pasado 2 de decembro fixemos unha excursión ao Café Moderno de Pontevedra para asistir á exposición de "Simultánea".
Unha experiencia de achegamento á arte, na que tivemos que descubrir o cadro do que se trataba seguindo as pistas que nos deixaron.
E tamén realizamos a nosa propia obra de arte!






sábado, 30 de noviembre de 2024

POLO CORREO DO VENTO

Os rapaces de Polo correo do vento acudiron ao noso colexio a falarnos da importancia da Ciberseguridade, e aprendimos palabras como "cibercarrachos" ou a importancia de protexer as nosas contrasinais.
E sobretodo a non falar con ningún descoñecido polas redes. 
Internet pode ser un mundo moi perigoso si non temos coidado e nos confiamos demasiado.




25 DE NOVEMBRO

De novo contamos coa presenza da Cruz Vermella para aprender dun tema moi importante como a Violencia de Xénero.
A diferenza entre estereotipos e roles de xénero...
Do verdadeiro significado da importancia do Feminismo na nosa sociedade. 
Dun mundo máis xusto e máis amable. 
Lembra que se precisas axuda podes chamar ao 016. Non cales!




domingo, 17 de noviembre de 2024

LSE na aula

Este ano no cole seguimos formándonos en Lengua de Signos Española e igual que o ano pasado contamos con Iria, a intérprete de lengua de signos. 

Nesta ocasión visualizamos "El sueño de Pedro", un neno que soña con vivir nun mundo sen barreiras, e iso é o que pretendemos.

Tamén aproveitamos para repasar o alfabeto dactilolóxico e non se nos da mal, ata nos atrevimos a conversar un pouquiño. 








jueves, 7 de noviembre de 2024

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA E O ACOSO ESCOLAR

 Hoxe, 7 de novembro, é o Día Internacional contra a violencia e o acoso escolar. Un tema de suma importancia, polo que recibimos unha formación a cargo da Cruz Vermella.

Aprendemos tipos de violencia (física, verbal ou psiclóxica), diferenzas entre acoso (continuado no tempo) cunha falta de respecto puntual (aínda que igual de inadmisible)...





PLAN DIRECTOR

Temas como os peligros de internet son hoxe en día moi necesarios traballalos na aula para que os cativos corran os menos riscos posibles.
Para iso tivemos unha formación a cargo da Policía Nacional, dentro do Plan Director, onde nos explicaron os peligros dos videoxogos, as redes sociais...
Toda información é pouca!








 

martes, 5 de noviembre de 2024

TEATRO AFUNDACIÓN

 

Hoxe fomos ao teatro Afundación a ver a obra "O mundo está roto pero pódese camiñar". 
Unha obra que nos conta como os libros poden salvarnos de situacións tristes na nosa vida.
Encantounos!!





miércoles, 30 de octubre de 2024

MAGOSTO

Hoxe foi un día fantástico de festividade. 

Primeiro fixemos xogos populares: o pano, a rá papa castañas, o baile da vasoira...

Nunha das estacións tivemos un pintacaras no que nos pintabamos a cara os uns aos outros, que guapos e guapas quedamos!

E por último degustamos as castañas, asadas pola familia de Noelia, aos que lles damos as grazas dende aquí. Estaban boísimas!

Un día marabilloso!