Traballo en equipo + calculadora + cronómetro + reto matemático= actividade moi motivadora na que a axilidade no uso da calculadora e un bo razoamento son fundamentais para superar o reto. O alumnado aprende a traballar en equipo, sumando as forzas de todos e todas e mantendo a concentración durante moito tempo. Parabéns chic@s!!!!
sábado, 23 de diciembre de 2023
TARXETAS DE NADAL
TRABALLOS DA BIBLIOTECA
miércoles, 20 de diciembre de 2023
XOGADE
Dentro do programa de Educación Física que o profe Víctor está a desenvolver este ano no nose cole (XOGADE) o alumnado de 4º tivemos a oportunidade de disfrutar dunha xornada de deporte e convivencia cos nenos e nenas do Marcos da Portela. Estivemos toda a mañá xogando, sempre con equipos mixtos e de ambos coles para fomentar a cooperación, o respeto, o xogo limpo...
Pasámolo xenial e estamos desexando repetir a experiencia!!
sábado, 2 de diciembre de 2023
VISITA DUNHA CAMPIONA MUNDIAL
lunes, 27 de noviembre de 2023
25N: BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA.
Todos os nenos e nenas de 4º berramos contra a violencia de xénero nunha data tan importante como é o 25 de noviembre. A través da obra de Munch "O grito" expresamos a nosa repulsa contra esta lacra social.
XOGOS MATEMÁTICOS
Durante estes días temos no noso recanto de 4º unha morea de xogos matemáticos, sobre todo de lóxica e razoamento espacial, cedidos polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado. Todo o alumnado terá a oportunidade de pasar polos diferentes materiais e poñer en práctica moitas rutinas de pensamento como planificar, anticipar, reformular, errar e probar de novo, traballar en equipo, cambiar estratexias...
viernes, 10 de noviembre de 2023
EXPOSICIÓN SOBRE PICASSO
O xoves 9 estivemos visitando a exposición "Picasso protagonista: viñetas no cómic español contemporáneo." no Café Moderno-Afundación de Pontevedra. Ademáis de traballar un pouquiño sobre a vida e obra do pintor e observar os traballos de moitos artistas arredor dos seus cadros, fixemos un obradoiro mixturando arte e tecnoloxía. Por grupos elaboramos o noso particular "Guernica" con son mediante Scratch e una placa makey makey. Pasámolo xenial!!!
jueves, 2 de noviembre de 2023
SAMAÍN
O martes 31 foi un día cheo de actividades en 4º. Botade un vistazo na Aula Virtual porque atoparedes unha montaxe de fotos con todas as vosas disfraces, as merendas terroríficas, as cabazas, o baile en LSE, o Magosto...
viernes, 27 de octubre de 2023
CHEGA O SAMAÍN
Estes días antes do Samaín estamos a facer unha morea de actividades coa temática das lendas galegas, os medos, a orixe da festividade, etc.
Unhas nenas de 5ºB viñeron á nosa aula para dramatizar un conto terrorífico.
Estivemos na biblioteca xogando con varios xogos de Samaín, algo de robótica, quebracabezas...
Preparamos a mesa para a exposición de cabazas que montaremos a partires do luns no corredor de 2º ciclo.
miércoles, 18 de octubre de 2023
COMPETENCIA DIXITAL
Este ano temos unha nova ferramenta de traballo dixital nas nosa aulas: uns chromebooks para poder investigar e buscar información por parellas ou pequenos grupos. Coa axuda dun guión imos collendo autonomía na búsqueda de información: seleccionar, filtrar, traducir, comprender, resumir... o alumnado vai traballando a súa competencia dixital e o mellor de todo, aprendendo e desfrutando do proceso!
martes, 10 de octubre de 2023
MEDIDAS
Utilizar o noso corpo como instrumento é algo moi importante para estimar medidas. Hoxe comezamos en vertical, axudándonos todos e todas para recoñecer a unidade de medida básica, o metro. Despois fixemos unha pequena montaxe coas nosas caras, chulísimo!!!