DIAS ANTES DO SAMAÍN, ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE OS MEDOS.
AGORA, DESPOIS DE BOTAR OS MEDOS NO CALDEIRO; DECIDIMOS FACER UNS AMULETOS PROTECTORES.
NA AULA DE
5 ANOS B, DESPOIS DE DAR ALGUNHAS IDEAS SOBRE AS PROPIEDADES QUE TERÁ O NOSO AMULETO, CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE O NOSO AMULETO
SERVIRÁ PARA PROTEXERNOS DAS PICADURAS.
EN 5 ANOS A O NOSO AMULETO SERVIRÁ PARA NON FACERNOS DANO.
TAMÉN DECIDIMOS ENTRE TODOS O SEU DESEÑO. AQUÍ VOS AMOSAMOS ALGUNHAS FOTOS DO PROCESO DE CREACIÓN.
PODEDES VER MÁIS FOTOS PINCHANDO NA IMAXE.
QUE VOS PARECEN OS NOSOS AMULETOS? QUEDARON BONITOS, A QUE SI?
AGORA OS NOSOS AMULETOS ESTÁN NUNHA EXPOSICIÓN CON TODOS OS DEMAIS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DO COLE.
DENTRO DUNS DÍAS PODERÉMOLO LEVAR PARA A NOSA CASA.