PARA O VINDEIRO CURSO, COMO XA MEDRAMOS MOITO, NON ESTAREMOS NA CLASE DE 3 ANOS. IREMOS PARA O EDIFICIO GRANDE DO COLE XUNTO COS DEMAIS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. POR ISO, HOXE FOMOS VISITAR A AULA DE 4 ANOS.
TODOS OS NENOS, AS NENAS E A PROFE RECIBÍRONNOS MOI BEN. ENSINÁRONNOS TODO O QUE TEÑEN NA SÚA CLASE E CANTÁRONNOS O SEU RAP DAS LETRAS GALEGAS.
LOGO NÓS TAMÉN LLE CANTAMOS O NOSO RAP PARA DESPEDIRNOS.
AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS B, TAMÉN VISITAMOS A CLASE DE 4 ANOS.
ESTIVEMOS FALANDO COAS NENAS E NENOS DE CATRO ANOS, QUE NOS CONTARON QUE RECANTOS TIÑAN, A QUE PODIAMOS XOGAR NELES, COMO SE CHAMA A SÚA MASCOTA, ...